Tuesday 21 de May de 2024

Identificado un cidadán que estaba lanzando enseres dende un balcón dun terceiro piso


A Policía Local informa de que un cidadán foi identificado logo de que na tarde de onte fose sorprendido arroxando enseres dende o balcón dun terceiro piso na rúa Pérez Galdós. A colaboración cidadá resultou decisiva á hora de ter coñecemento desta conduta incívica e formularase a correspondente denuncia.
Ademais, tamén na fin de semana abríronse dilixencias para un xuízo rápido a un condutor que non superou a proba de alcoholemia nun control policial, en tanto que outro vehículo foi inmobilizado por
carecer de seguro (tivo que ser retirado con grúa).
Por último, cómpre advertir tamén de que se procedeu a formular denuncia a un establecemento hostaleiro da cidade por incumprimento do horario de peche.